Qué é “A las 5″

A las 5, somos unha ONG sen ánimo de lucro, promovida por un grupo de mulleres e homes afincados en Vigo.

A nosa inquietude común son os novos pobres na cidade. Estamos convencidos de que a solidariedade con eles é necesaria

Situación e horario

A bocatería de A las 5 áchase situada en Vigo, na Rúa Taboada Leal Nº 10 (Ver mapa)

A atención ó publico, pretendemos mantela de 18,00 a 20,30 horas, os 365 días do ano.
.

Qué pretendemos

O noso propósito é servir gratuitamente, con persoal voluntario, bocatas, bebidas quentes ou refrescos a persoas necesitadas, para que poidan irse para a cama con algo no estómago.
.
.
.