Como podes colaborar

Se realmente sentes inquietude polas necesidades e angustiosa situación económica, non buscada, na que se encontran moitos dos teus conveciños.

Se és sensible e consciente de que necesitan a nosa axuda, a túa axuda, para soportar esa nefasta situación na que se encontran inmersos.

Se queres colaborar con Alas 5, podes facer moitas cousas.

.

Facerte Socio

Desta forma poderemos contar co teu compromiso de achega económica periódica, imprescindible para a elaboración dos plans asistenciais e poderemos seguir ofrecendo a axuda demandada en silencio por estas persoas necesitadas.

Non se trata de realizar “grandes esforzos”; pero sendo realistas e por trabas administrativas estimamos necesario fixar un mínimo na achega que ciframos en 20 céntimos de € ó día.  É dicir 6 € mensuais.

Se o desexas, podes poñerte en contacto coa nosa responsable de finanzas: María Victoria Alonso correo electrónico: administracion@alas5.org , quen te informará persoalmente e, no seu caso, recollerá os teus datos persoais para cubri-lo correspondente boletín de subscrición

.

Facerte Voluntario

A axuda que pretendemos a estas persoas, non pode cinguirse ó material que se lles entrega. É necesaria tamén a axuda persoal dos que han de realizar as múltiples tarefas que iso leva consigo: administración, intendencia, despacho hostaleiro….etc.etc.

O teu apoio pode ser a tempo fixo na medida da túa dispoñibilidade, ou mesmo colaborando en actividades puntuais en casos en que se necesite un reforzo do persoal ordinario.

.

Facer un donativo

Se polas túas condicións persoais resultache preferible, podes facer un donativo puntual na contía que consideres.

.

Facer outras cousas

A las 5 é basicamente unha Bocatería. En consecuencia a materia prima que utilizamos cínguese a iso, ó ” bocata “. Utilizamos todos os ingredientes que poden utilizarse ou acompañar nun ” bocata “: Xamón, salchichón, chourizo, mortadela, salame….. ( todo tipo de embutidos), queixo en rebandas, conservas de sardiña, mexillón, cabala, bonito, etc. etc. e tamén café, leite, cola-cao, nescafé, chocolate, etc.

Se es empresa do ramo tamén podes facer a túa achega periódica baseada en tales produtos.

.

Facer os teus comentarios

Ninguén nace sabido e nós nin somos profesionais de hostalaría, nin temos nese ramo toda a experiencia que nos gustaría ter.

Por iso, se tes boas ideas ao respecto, ou quéresnos facer algún comentario construtivo, tamén cho agradecemos.

Fainos chegar o boletín de subscrición adxunto, se decides participar neste proxecto como voluntario/a na dispensa de bocadillos ( prevese un horario en torno ás seis da tarde, dúas horas diarias, todos os dias do ano). Pregámosche fágasnos saber a túa dispoñibilidade, que pode se-la que ti queiras.

.

Persoa Responsable do Voluntariado:
Carmela Porteiro voluntariado@alas5.org

De acordo coas disposicións da Lei 15/1999, de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, Álas 5 CIF G_ 27776475 infórmalle que os datos recollidos neste sitio web serán incorporados a un ficheiro automatizado inscrito ante a Axencia de Protección de Datos e pertencen a Álas5 , tendo como finalidade manter con Vd as relacións necesarias propias do voluntariado.

De conformidade co artigo 5 da Lei 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, Ud. ten dereito a acceder a esta información, a rectificala se os datos son erróneos e darse de baixa do ficheiro enviando solicitude á dirección de correo electrónico voluntariado@alas5.org, cumprindo así a normativa prevista no art. 5.4 da mesma.

Onde estamos

A bocatería de Alas 5 áchase situada na Rúa Taboada Leal Nº 10
Ver mapa

A atención ó publico, pretendemos mantela de 18,00 a 20,30 horas, os 365 días do ano.

Sede de Alas5