Refresco confraternal navideño

A última hora da tarde de onte, e finalizada a xornada de atención de “A las 5” aos seus usuarios, os voluntarios e colaboradores da organización tiveron un entrañable acto de confraternidade para expresarse mutuamente o consabido desexo de felicidade nestas festas do Nadal.
Tras gozar dun agradable refresco acompañado dun petisco, aproveitouse a ocasión para recoller entre os asistentes un apreciado aguinaldo para os fins da ONG.
Ao finalizar o acto, o xa ex-presidente Dadid Russell, dixo unhas palabras de agradecemento para todos os presentes polo labor desenvolvido durante todo o seu mandato e díu a benvida á nova presidenta Mª Vitoria Alonso (Mariví), quen á súa vez fixo o propio, solicitando o apoio de todos os presentes para poder desenvolver satisfactoriamente o seu novo labor na Organización e desexando a todos un Bo Nadal.

img-20161223-wa0001

img-20161222-wa0029

img-20161222-wa0032

fotoconjunto

Deixar unha resposta