ULTIMAS NOTICIAS DE “A las 5”

SOLICITUDE DECLARACION UTILIDADE PUBLICA

En cumprimento do acordo tomado na reunión da Xunta directiva de “A las 5”, celebrada o  pasado 23 de xaneiro, un equipo de membros da mesma estivo preparando a documentación para conseguir a declaración de “Organización de Utilidade Publica”.

O pasado día 5 de abril quedou presentada no Rexistro da Xunta de Galicia, a citada solicitude de declaración de Utilidade Publica para a nosa ONG.

Confiamos en que agora a Administración non demore demasiado a súa resolución en positivo e así, con iso conseguiremos que os nosos benefactores e contribuíntes poidan desgravar as súas achegas.

ASEMBLEA XERAL 2017

Na reunión da Xunta directiva do pasado 30 de marzo, fixouse a data do 29 de maio para a celebración da Asemblea Xeral á que oportunamente serán convocadas todas as persoas asociadas á ONG, na que se dará conta das actividades da mesma no último ano, así como das contas de 2016 e orzamento para 2017.

En todo caso, sirva esta nota de preaviso, á espera de que se confirme hora e lugar da reunión.

un saúdo para todos.

“A las 5”

Deixar unha resposta