CHARLA NO IES DE VIGO

O IES A GUIA de Vigo, cuxa Directora Aurora Alonso é membro activo da nosa ONG, está a desenvolver unhas “ Xornadas sobre activismo Social”  nas que, entre outros moitos temas, tratan a situación de necesidade na que se atopan moitos dos nosos veciños e o xurdimento, en consecuencia, de actuacións sociais a título privado e iniciativas de acción solidaria de emerxencia.

Como apertura de ditas “ Xornadas” , en temática da materia de Ética, nosa Presidente Mª Vitoria Alonso ( Mariví), interveu na primeira charla dada para o efecto ante un auditorio de alumnos encantadores, atentos e moi participativos, segundo as súas propias palabras, quens lle fixeron unha chea de preguntas sobre o porqué, quen, onde e cando da ONG, que evidenciaban o seu interese e e sensibilidade polo tema.

Na foto parte do auditorio antes do inicio e ao fondo de pé  Mariví, nosa Presidente,  Aurora a Directora do centro  e Mª Milagrosa,  profesora de filosofía e impulsora da iniciativa.

Deixar unha resposta