Onte, domingo, tivo lugar a esperada carreira feminina que transcorreu por diversas rúas da nosa cidade olívica, na que participou o grupo atlético da nosa ONG.
En total foron 143 mulleres as agrupadas por “A las 5” que participaron con toda a ilusión conseguindo, ademais de pasalo “Chupi” segundo elas mesmas recoñecen, o Gran Premio dos 300 eurazos que nos entregaron como doazón para apoio dos cursos que vimos celebrando orientados fundamentalmente á formación profesional da muller ( pero nos que tamén pode inscribirse o home, naturalmente.)
A foto ” de familia” na que se mostra o grupo ao completo dá testemuño da festividade do día.


