A las 5 cumpriu os seus primeiros 5 meses de servizo solidario.
O dia da inauguración abrimos as portas coa intención de poder dar apoio a 50 persoas diarias e dende ese primeiro momento víronse cumpridas todas as expectativas dos organizadores.
Agora, cinco meses despois, conseguimos dobrar o número de asistencias, grazas á gran solidariedade dun montón de persoas que xenerosamente colaboran con A las 5 tanto coas súas achegas económicas, imprescindibles para a boa marcha do proxecto, coma co seu traballo persoal para a atención dos nosos clientes.
Coa esperanza posta no contaxio solidario, confiamos en que pronto chegaremos a ter o apoio necesario para prestar axuda ás 150 persoas que A las 5 se marcou como obxectivo final o dia da súa constitución.
Deixar unha resposta