“A las 5” CUMPLE TRES ANOS

logo Alas5R

Fai tan só uns días que “A las 5” celebrou os seus terceiros aniversarios.
Lonxe quedan xa aqueles inicios nos que os nosos posibles apenas nos daban para atender no mais básico a medio centenar de persoas.
A día de hoxe as cousas melloraron considerablemente,  pasando  a lista de asistidos as duascentas persoas e incrementándose a oferta asistencial tanto en variedade de mercadorías como de servizos.
Desde o consabido bocadillo inicial  fóronse incrementando as prestacións ata chegar ás achegas  de clínicas dentais,  ópticas e  restaurantes  nas que solidariamente son atendidas as necesidades de moitos dos nosos usuarios.
E doutra banda, tamén se  posibilitou a realización de cursos, tanto de costura e cociña tendentes a incrementar as posibilidades do alumnado na procura dun traballo,  como os de inglés,  dirixidos aos máis novos como axuda nas súas tarefas escolares.
Tales logros conseguíronse grazas ao esforzo de máis de douscentos voluntarios que no día a día se turnan para a atención e despacho na bocatería;  á trintena de responsables que dirixen os equipos e velan pola loxística e supervisión da actividade diaria;  aos implicados nas tarefas de coordinación, intendencia, mantemento, redes sociais e  cursos de formación e sobre todo grazas ás achegas económicas e materiais, periódicas ou puntuais, de empresas e asociados sen as cales nada se puido facer.
Por todo iso, “A las 5” agradece a todos en xeral e a cada un en particular as súas achegas  e consciente de que esta empresa é cousa de todos, procede a dar información detallada tanto do realizado no pasado ano 2015  como das previsións que fixemos para o  actual ano 2016.
ANO 2015
GASTOS:
1
2
Entre os establecementos que colaboran con “A las 5”, permitindo con iso a atención que se presta, atópanse:
En Opticas:  A rede solidaria comezou a súa andaina en febreiro de 2015, sendo atendidos  (gradación e lentes)  ata o 29/02/2016 a un total de 245 persoas  de todas as idades, a quen se lles graduóu a vista e fóronlles facilitadas as pertinentes lentes correctoras.
As ópticas colaboradoras son:
Optica Studio   CC Alcampo de  Coia
Optica Studio  C/ Venezuela
Optica Studio  C/Teixugueiras
Optica Studio de  Bouzas
Optica Studio  CC Trav. De Vigo
Optica Lunic
Optica Alain Afflelou  CC Trav. De Vigo
Optica Mas Vision  Avda. Florida
En docencia :
Cursos de Inglés: Contamos coa colaboración das Academias de inglés Hollywood Vigo. School House e Concorde que achegaron bolsas para  novos estudantes e a colaboración de Lila, unha de de as usuarias de “A las 5”  que atendeu a outros dez deles.
Cursos de Costura: Desenvolvidos na Academia Pin Factory que achega instalacións, maquinaria e materiais, así como a impartición de clases polas profesoras Beatriz e Milucha e  charlas de formación transversal básica, a cargo de Lila.
Cursos de Cociña: Impartidos por Paco e Sole coa coordinacion de Begoña e a colaboración de Fundación NovaCaixaGalicia que facilitou a utilización dos seus magníficos fogóns.
2
INGRESOS PREVISTOS por aportacións fixas periódicas para iste ano 2016 :  … … … … … … … … 28.634€
Isto significa que iniciamos este novo ano cun orzamento de gastos que supera en algo mais de  vinte mil euros os ingresos ordinarios por achegas que temos confirmados a dia de hoxe;  pero confiamos en que con pouco máis que nos esforcemos, lograremos  incrementar esas achegas e conseguiremos non só cubrir tales gastos senón que,  tal vez,  podamos seguir aumentando as prestacións e o número de asistencias;  pois como di o lema de “A las 5”:   En situacións críticas calquera pequena achega constitúe unha gran axuda e todos xuntos, poderemos sen dúbida lograr esa axuda
Grazas a todos en nome de “A las 5” e no de todos os seus usuarios.

Deixar unha resposta