ABUNDANDO NO INFORME DE GASTOS DE “A las 5”

En resposta a dúbidas e consultas formuladas por varios dos nosos colaborados, queremos puntualizar o seguinte:

1.- O orzamento que publicamos para este ano presenta un incremento considerable na partida de comestibles, o que se debe a que empezamos a comprar froita e iogures co fin de facer un pouco mais variado o menú dos usuarios.
2.- Na partida de ingresos soamente facemos constar a cantidade que temos prevista por cotas fixas de asociados xornais. Con todo, esta cantidade adóitase ver incrementada con achegas puntuais doutros colaboradores e empresas, aínda que evidentemente non podemos coñecer, a priori, a súa contía.
3.-Tampouco debemos obviar que no Banco mantemos un saldo de 37.500 ?, produto desas achegas puntuais e que nos serven para ir cubrindo os desaxustes orzamentarios.
En todo caso, trataremos de minimizar eses desaxustes, reducindo no posible os gastos previstos e sobre todo tratando de conseguir un incremento das axudas e asociados solidarios.
Sirva pois este comentario, como unha chamada á acción.

Deixar unha resposta