Acto de confraternidade en A las5

Con motivo da festividade do Nadal, en A las 5  celebramos unha reunión de confraternidade á que asistiron un centenar de persoas do grupo de voluntarios e contribuíntes que fan posible o bo fin da ONG.
No transcurso do acto que tivo lugar ás 21 horas de onte, no propio local da Sede, tras o peche de portas e unha vez prestada a asistencia ordinaria correspondente, o noso presidente David Rusel pronunciou unhas palabras de agradecemento cara a todos os presentes polo seu traballo e dedicación ó proxecto e realizou unha breve formulación da situación económica actual da Organización que é moi aceptable grazas á solidariedade de todas as persoas que nos apoian e axudan.
O obxecto primordial de tal evento non era outro que o de lograr que puidésemos chegar a coñecernos todos os que por separado e en diferentes días realizamos o noso labor con idéntico fin; así como aproveitar para desexarnos mutuamente as consabidas “Felices Pascuas”, cousa que obviamente fixemos nun entrañable ambiente de sosego e amizade.

321

Deixar unha resposta