O pasado dia dous do presente outubro sorprendémonos moi gratamente ao recibir a visita no local da ONG dun grupo de persoas portadoras dun donativo, produto dun acto solidario, tan inesperado como esperanzador.
A iniciativa de dúas persoas, empregadas de senllas empresas do ramo do automóbil, levou os seus compañeiros de traballo á realización dunha recollida de alimentos para a súa doazón á nosa ONG “Ás 5”. Leite, zumes, galletas, café, Cola-Cao, embutidos, pastelillos, etc. constituían o lote que nos entregaron e que se pode apreciar nas fotografías.
O noso presidente non dubidou en dirixirlles unha carta de agradecemento que eu fago pública para maior recoñecemento do seu xesto e solidariedade, coa esperanza de que cunda o exemplo e así, entre todos, poidamos seguir axudando os que máis o necesitan.
CARTA DE AGRADECEMENTO
Estimad@s amig@s:
Non vos coñecemos fisicamente, pero onte tivemos ocasión de saber quen sodes.
Estamos afeitos a recibir donativos e axudas, pero a vosa marcou un punto e á parte.
Refregabámonos os ollos vendo os Reis Magos fóra de data, pero esta vez sen anunciarse.
Quen son ? preguntabámonos. Pero a resposta xa a temos, sodes un exemplo vivo de solidariedade, e esa é a vosa tarxeta de visita.
Moitas grazas
David Russell
Deixar unha resposta