Estimado/a colaborador/a:
Un ano máis, queremos agradecervos a todos o voso traballo de voluntariado e as vosas achegas económicas, sen o que non sería posible que seguise adiante o labor que empezou fai máis de once anos no comedor social de
Taboada Leal.
A nosa actividade consiste na entrega de bocadillos, leite, iogures, froita, galletas, Cola-Cao, chocolate, azucre, latas de conserva, comida preparada (doada por entidades ou persoas colaboradoras), ademais de poder pasar un intre no local tomando un café ou outra bebida quente con galletas, así como o bocadillo quente e interactuar con outros usuarios ou vendo a televisión.
Agradecemos tamén que compartades con as persoas da vosa contorna que sintan identificadas co noso proxecto e que as animedes, a que se unan a nós para poder seguir mantendo e avanzando neste labor social.
A forma de colaborar pode ser económica e/o asistindo como voluntarios a repartir unha vez ao mes no local de Taboada Leal, 10.
Como xa sabedes toda a nosa actividade está financiada con recursos privados e, desde 2017 que fomos declarados entidade de utilidade pública e acollidos ao réxime fiscal especial das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, os nosos socios e aportantes poden beneficiarse da dedución correspondente na declaración da renda e imposto de sociedades.Este ano como xa vén sendo habitual, o día 24, Noiteboa e o día 31, Fin de Ano, daremos un menú especial e ademais un paquete extra con produtos de limpeza e aseo persoal.
Para máis información sobre a nosa actividade poden visitar a nosa Web (www.ás5.org).
O noso maior agradecemento e un afectuoso saúdo
Vigo, 17 de decembro de 2024.
Feliz navidad, paz y prosperidad para 2025



