As “Medallas” de A las 5

Onte tivo lugar un encontro da Plana Maior de “A las 5” con todos os responsables dos equipos de voluntarios que prestan os seus servizos de restauración na nosa bocatería.O obxectivo principal da reunión foi o de facer balance do ano que remata, analizando resultados e posibilidades de melloras para o ano vindeiro.

O 2014 permitiunos complementar a achega básico formado por “Bocata” e “Bebida quente”, para os mais de cento cincuenta usuarios diarios, con outras viandas como galletas, biscoitos, croissants, pasteis, polo asado, churrasco, conservas, froita fresca, iogures, flans, etc. xentileza do Banco de Alimentos e diversas casas comerciais entre as que destacan Coren, Froitas Neves e Froitas Sanromán. Así como por achegas privadas en diferentes e considerables contías traídas ó local por particulares solidarios.

Puidemos organizar e desenvolver diversos cursos de cociña e costura dirixidos ás nosas usuarias para ampliarlles as súas posibilidades no mercado laboral e temos en execución un curso de inglés para os nosos usuarios en idade escolar por xentileza dunha profesora tamén usuaria e conseguimos un total de seis bolsas para outros tantos alumnos do referido idioma, outorgadas por tres academias viguesas. Catro delas patrocinadas pola academia Hollibood e as outras dúas por Schoolhouse; e mais Concorde Language School, s.l

Puxemos en práctica o programa “Hoxe por ti” coa colaboración de diversos restaurantes da cidade, que solidariamente ofrecen unha comida nos seus establecementos aos nosos usuarios, en determinados días da semana e debidamente dodificados.

En resumo entendemos que os resultados foron excelentes poñéndose de manifesto que a solidariedade dos vigueses é realmente grande.

O 2015 encóntranos nunha posición consolidada en experiencia e recursos que confiamos mantéñanse e aínda aumenten o que nos permite augurar outra boa etapa.

Aproveitando o momento, fíxose un repaso dos servizos prestados, chegándose á conclusión de que todos os voluntarios, sen excepción, cos seus responsables á fronte, eran e son merecedores das maiores loanzas.

Non obstante e sen desmerecemento para ningún, acordouse facer mención especial de tres deles pola súa abnegada entrega, o seu dispendio de simpatía e a súa alegría contaxiosa coa que habitualmente tiran duns e empurran outros para que non decaia o ánimo na empresa común.

Os destacados foron Paco, Paqui e Lilian, aos cales lles foi imposta a Medalla de Ouro de “A las 5” que, como é obvio, non se acuñou cunha onza de ouro de 24 kilates, senón cunha onza de catro gramos de chocolate. Iso si, envolvida en papel dourado para que dese mellor o pego, cousa que se conseguiu plenamente a teor do que se pode apreciar nas fotografías.

Agora só queda animar os condecorados para que cando se cansen de levar a rosca ao colo, a desenvolvan e compartan cos seus colegas xa que teñen unha pinta boísima.>

IMG-20141202-WA0004

IMG-20141201-WA0002