Como vén sendo habitual, neste xa sexto ano de existencia, o próximo dia 14 de maio, celebraremos a nosa Asemblea Xeral á que están convidados todos os socios da Organización. O obxecto primordial desta Asemblea é, como sempre, o de presentar aos seus membros as contas do exercicio 2018 e o orzamento estimado para 2019, así como informarlles da actividade e marcha da ONG ao longo destes anos e responder a cantas preguntas desexen formular respecto diso. O comunicado, que se fixo chegar xa a todos os interesados por correo, ordinario ou electrónico segundo o caso, publicámolo aquí con toda a documentación referida tanto á devandita convocatoria como ás contas anuais, memorias e orzamentos, por se alguén quixese examinalos antes da Asemblea.
Deixa unha resposta