A pesar de que xa no seu día facilitamos información con motivo do noso terceiro aniversario, lembramos novamente tal efeméride reproducindo literalmente unha reportaxe realizada ao respecto por Atlántico Diario e publicado no día de onte.
VIGO
‘A las 5’ cumpre tres anos e alcanza os 200 usuarios ao día. A ONG serve merendas, imparte clases e facilita a atención odontolóxica ou oftalmolóxica
A ONG xurdiu en Vigo en 2013 co obxectivo de axudar aos máis necesitados máis próximos.
Nestes anos, co esforzo e a colaboración dos seus voluntarios, asociados e empresas doantes a agrupación pasou dos 50 usuarios a atender cada día a 200 persoas no local, acondicionado como unha bocatería comercial.
Desde a ONG afirman que “á vista dos últimos datos sobre a situación de pobreza e exclusión social, ponse de manifesto a importancia do traballo dunha organización como ‘A las 5’, para mellorar, no posible, a calidade de vida das persoas ás que a crise económica afectou máis duramente.
Nestes tres anos expúxose como obxectivo crecer e ampliar o número de actividades que realizan, alén de facilitar a merenda. Aproveitando a infraestrutura da sede e aos voluntarios implicados, impartíronse cursos de cociña, costura e inglés aos que asistiron máis de cen persoas.
En concreto, durante o pasado ano ao curso de costura acudiron 57 alumnos, aos cursos de cociña, 70 e aos de inglés, un total de 16 persoas. Con colaboracións altruístas ofreceuse un programa de axuda óptica e coidado dental, dirixido a quen non poden afrontar estes gastos.
Unha media de 22 pacientes ao mes puideron recibir atención odontolóxica e outra vinte atención oftalmolóxica.
Na bocatería, de rúa Taboada Leal, 10, consómense ao mes 1.650 barras de pan, 400 quilos de friame e 900 litros de leite, entre outros alimentos.

