CARREIRA FEMININA 2019

A ONG “A las 5” participará un ano máis na Carreira Feminina do Corte Inglés e anímache a participar nela o próximo dia 16 de xuño.

Como en anos anteriores tentaremos conseguir ser o grupo participante máis numeroso, o que conleva o conseguinte premio en metálico, que reverterá obviamente a beneficio da ONG.

Para inscribirte tes que acudir á Planta de Deportes do Corte Inglés, poñendo como equipo “POR ELLAS”.

O día da carreira leva unha camiseta branca e unha cinta ou diadema tamén branca no pelo.

Anótate e pásallo aos teus contactos e amizades para que o logro sexa posible. O día da carreira vémonos na cafetería Crisol, na rúa Venezuela, ás 10,30.

Deixar unha resposta