CARREIRA FEMININA EN VIGO

Un ano máis o equipo de A las 5, demostrou ser “o máis” ao conseguir por segundo ano consecutivo o premio de 300 € outorgado ao equipo máis numeroso de cantos participaron, hoxe domingo, na Carreira Feminina que a xeito de “medio maratón reducido”  celebrouse na nosa cidade percorrendo varias das súas rúas.
Obviamente, o premio conseguido doárono como axuda para as necesidades da ONG.
Vaia dende aquí nosa felicitación, agradecemento e parabén a todas as participantes.
E como unha imaxe vale máis que mil palabras, mostramos a foto de familia e algunhas outras que recollen distintos momentos do evento, incluído o da adhesión de Paco Alfaya ao grupo para festexa-lo éxito, xa que obviamente el non correu.
cartel14253

Deixar unha resposta