Como estaba previsto e anunciado ás once horas de hoxe, domingo 16 de xuño de 2019, deuse o pistoletazo de saída á 14 Carreira Feminina ‘Correr e andar’ patrocinada por El Corte Inglés de Vigo.
Cun total de 5 km e saída desde El Corte Inglés (Gran Vía), as participantes percorreron: Urzáiz, Príncipe, Policarpo Sanz, García Barbón, Miragall, Areal, Praza de Compostela, García Olloqui, Montero Ríos, Concepción Areal e meta en As Avenidas.
A carreira foi cronometrada por un sistema de chip electrónico que levou cada participante no seu dorsal. Ia dirixida exclusivamente a mulleres, sen límite de idade.
Entregáronse trofeos á primeira atleta chegada a meta, á participante máis nova e á de maior idade.
Así mesmo, El Corte Inglés premiou cunha tarxeta regalo de 100€, entre outros, ao grupo inscrito como tal, terceiro máis numeroso e debidamente identificado mediante camiseta, gorra, etc. que, como en anos anteriores, foi conseguido polo equipo que representaba á nosa ONG “A las 5” e que foi doado integramente a beneficio da devandita organización.
As fotos adxuntas mostran ás solidarias participantes quens recibiron multitude de felicitacións, incluída a do primeiro mandatario da cidade, D. Abel Caballero, quen posou xunto a elas.
Deixa unha resposta