CELTA ZORKA AÍNDA MÁIS COMPROMETIDO CON “A LAS 5”

52663211_2332962160069840_5665018372585160704_o
Hoxe estiveron traballando como voluntarias na bocatería de “A las 5” nada menos que catro figuras do baloncesto feminino, aliñadas no RC.Celta Zorka.

Cristina Canteiro, Ainhoa Lacorzana, Paula Ahuja e Hildur Kjartansdottir, son as catro persoas que aparecen na foto ( de Esquerda a dereita) e que hoxe cambiaron o seu uniforme deportivo polo de restauración e axuda solidaria. A primeira da esquerda, Cristina Canteiro, é a adestradora do equipo campión.

Desde estas liñas dámoslles as grazas polo seu apoio no noso voluntariado e nosa máis sincero parabén pola impresionante tempada deportiva que están a realizar na que, xunto ás súas compañeiras e a día de hoxe, levan xogados 18 partidos con 18 vitorias.

A ligazón lévanos á súa páxina web: ENLACE A PAGINA

Deixar unha resposta