Un ano máis habemos de agradecer ao Real Club de Baloncesto feminino CELTA ZORKA, da nosa cidade, a súa xenerosidade na Xornada de Recollida de alimentos e xoguetes realizada onte día 22 durante o partido que discorreu no Pavillón de Navia.
Parte da doazón alimenticia, entregámola ao Comedor da Esperanza, por tratarse de produtos que requirían cociñado para o seu consumo, quedándonos en “A las 5” con leite, galletas, azucre, Cacao, marmelada, etc. En definitiva, produtos de consumo directo.
En canto aos xoguetes recolleitos, entregáronse a “A man que axuda” por ser un acto solidario en beneficio das tres entidades: “ Caritas” “A man que axuda” e “A las 5”.
Reiteramos pois as grazas ao referido Club pola súa xenerosidade, desexámoslles un Bo nadal, un venturoso Novo Ano 2019 e por suposto, aproveitamos tamén para felicitarlles pola súa excelente tempada deportiva 2018, na que conseguiron nada menos que 12 vitorias en 12 partidos. Un cento por cento de efectividade! ¡PARABÉNS!
Deixa unha resposta