PECHE TEMPORAL POR CORONAVIRUS

Consecuentes coa declaración do Estado de Alarma decretado polo Goberno, para a prevención, tratamento e erradicación da pandemia que está a azoutar a todo o país e seguindo as instrucións das Autoridades Sanitarias,  ante a disposición dos Servizos Sociais do Concello de Vigo para facerse cargo dos nosos usuarios,  procedemos ao peche temporal do noso local, sito en Taboada Leal número 10, baixo, mentres duren as medidas preventivas extraordinarias adoptadas polo Goberno para minimizar os riscos de contaxio polo coronavirus.

En canto a situación se normalíce, e na esperanza de que sexa pronto, renovaremos a nosa actividade.