Para que a bocatería de «A las 5» siga abrindo as súas portas os 365 días do ano, a implicación de persoas como ti
é fundamental.
O teu apoio, xa sexa en forma de tempo ou de recursos económicos, transfórmase de xeito directo en alimentación e dignidade para os nosos veciños de Vigo.Elixe como desexas formar parte deste motor solidario:
👇
1. Faite Voluntario:
Regala unhas horas do teu tempo
A nosa actividade diaria sostense grazas ao
corazón dun equipo comprometido. Non necesitas experiencia previa, só ganas de axudar e compartir a túa empatía.
Que facemos? Preparamos os bocadillos con ingredientes frescos, organizamos as bebidas,empaquetamos os menús diarios e atendemos directamente con respecto a quen acode ás nosas instalacións.
Cal é o compromiso? Organizámonos por quendas os luns, mércores, venres e domingos. Calquera dispoñibilidade que teñas, por pequena que sexa, suma.👇 Completa o formulario a pe de páxina para unirte o noso equipo
2. Financia un menú solidario: Fai a túa doazón
Se compartes o noso propósito pero non dispós de tempo, as túas achegas económicas son o sustento material que fai posible a compra diaria de alimentos frescos.
O 100% da túa axuda chega directamente á rúa.
💳 Opción 1: Doación Puntual ou suscripción temporal
Tanto se prefires realizar unha aportación única como se prefires suscribirte temporalmente, pulsa no noso botón seguro no que poderás elexir a opción que desexes. Xa sexa a través de Paypal como con Tarxeta de débito ou crédito
- 🏦 Opción 2: Transferencia Bancaria Tradicional
- Titular: Asociación A las 5
- IBAN: ES84 2100 6608 5222 0016 1945
- Concepto: Doación solidaria
📄 Necesitas desgravar a túa doazón? Tras realizar a túa achega, envíanos un correo a alas5.comunicacion@gmail.com co teu nome completo, DNI e o xustificante de pago para emitir o teu certificado fiscal.
👇
FORMULARIO VOLUNTARIADO




