Se realmente sentes inquietude polas necesidades e angustiosa situación económica, non buscada, na que se encontran moitos dos teus conveciños.
Se és sensible e consciente de que necesitan a nosa axuda, a túa axuda, para soportar esa nefasta situación na que se encontran inmersos.
Se queres colaborar con Alas 5, podes facer moitas cousas.
Facerte Socio
Desta forma poderemos contar co teu compromiso de achega económica periódica, imprescindible para a elaboración dos plans asistenciais e poderemos seguir ofrecendo a axuda demandada en silencio por estas persoas necesitadas.
Non se trata de realizar “grandes esforzos”; pero sendo realistas e por trabas administrativas estimamos necesario fixar un mínimo na achega que ciframos en 20 céntimos de € ó día. É dicir 6 € mensuais.
Se o desexas, podes poñerte en contacto coa nosa responsable de finanzas: María Victoria Alonso correo electrónico: administracion@alas5.org , quen te informará persoalmente e, no seu caso, recollerá os teus datos persoais para cubri-lo correspondente boletín de subscrición
Facerte Voluntario
A axuda que pretendemos a estas persoas, non pode cinguirse ó material que se lles entrega. É necesaria tamén a axuda persoal dos que han de realizar as múltiples tarefas que iso leva consigo: administración, intendencia, despacho hostaleiro….etc.etc.
O teu apoio pode ser a tempo fixo na medida da túa dispoñibilidade, ou mesmo colaborando en actividades puntuais en casos en que se necesite un reforzo do persoal ordinario.
Só é cuestión de boa vontade e compromiso firme.
Facer un donativo
Se polas túas condicións persoais resultache preferible, podes facer un donativo puntual na contía que consideres.
Facer outras cousas
A las 5 é basicamente unha Bocatería. En consecuencia a materia prima que utilizamos cínguese a iso, ó ” bocata “. Utilizamos todos os ingredientes que poden utilizarse ou acompañar nun ” bocata “: Xamón, salchichón, chourizo, mortadela, salame….. ( todo tipo de embutidos), queixo en rebandas, conservas de sardiña, mexillón, cabala, bonito, etc. etc. e tamén café, leite, cola-cao, nescafé, chocolate, etc.
Se es empresa do ramo tamén podes facer a túa achega periódica baseada en tales produtos.
Facer os teus comentarios
Ninguén nace sabido e nós nin somos profesionais de hostalaría, nin temos nese ramo toda a experiencia que nos gustaría ter.
Por iso, se tes boas ideas ao respecto, ou quéresnos facer algún comentario construtivo, tamén cho agradecemos.
Fainos chegar o boletín de subscrición adxunto, se decides participar neste proxecto como voluntario/a na dispensa de bocadillos ( O noso horario de atención ao público é desde as seis da tarde, ata as oito e media, todos os dias do ano. Naturalmente os voluntarios han de engadir ao devandito horario unha hora mais ao principio para preparar todas as cousas e outra ao final para deixar todo limpo e en orde. E como norma cada voluntario, integrado nun grupo de traballo, ten unha intervención dun dia por mes.). Pregámosche fágasnos saber a túa dispoñibilidade, que pode se-la que ti queiras.
De conformidade co artigo 5 da Lei 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal, Ud. ten dereito a acceder a esta información, a rectificala se os datos son erróneos e darse de baixa do ficheiro enviando solicitude á dirección de correo electrónico voluntariado@alas5.org, cumprindo así a normativa prevista no art. 5.4 da mesma.