CONFRATERNIDADE “A LAS 5”

Como xa é costume desde o inicio da nosa andaina no 2012,
Onte, finalizada a xornada de atención aos nosos usuarios, os responsables e voluntarios da ONG xunto con colaboradores e persoal de distintos Servizos Sociais da nosa cidade, reuníronse nun acto de confraternidade para desexarse mutuamente as consabidas Felices Festas e inmellorables desexos de prosperidade no ano 2019, a piques de chegar.

Finalizado o acto, tamén como xa é costume, a nosa presidenta María Vitoria Alonso ( Mariví) dirixiu unhas palabras a todos os presentes, agradecéndolles a súa dedicación e entrega á causa e animándoos a seguir na brecha polo ben de quen o necesita máis.

En total foron máis de cen persoas as que acudiron á cita, que se desenvolveu nun ambiente entrañable e familiar e prolongouse ata ben pasadas as 22 horas.

IMG-20181221-WA0014

Deixar unha resposta