O vindeiro domingo 17 de novembro, ás 13 horas no Pavillón do Berbés, celebrarase o Derby benéfico de Voleibol feminino da nosa cidade, no que se enfrontarán o CD Black Voley Vigo, con nove anos de existencia e o veterano cincuentenario Club Vigo Voleibol en colaboración coa ONG de Vigo “A las 5”.
A entrada será gratuíta para que os asistentes poidan colaborar achegando alimentos para a mencionada ONG.
Desde estas liñas animámosvos a participar no evento tanto para animar aos solidarios adversarios como para colaborar coa organización “A las 5”.
O club Black Voley Vigo púxose en marcha fai xa nove anos da man dun grupo de mozas que buscaban practicar deporte.
Non naceron con grandes pretensións, pero teñen potencial e sobre todo, moitas ganas. Xogaban de maneira amateur, pero apaixonáballes», dixo o adestrador do equipo, Miguel Estévez.
Os dous primeiros anos de vida da entidade, as xogadoras dedicábanse a adestrar e xogar con outros equipos amateurs…
Hoxe xa xogan na 2ª División Autonómica Sénior. Segunda división Sénior Feminina.
Deixa unha resposta