EIQUÍ ESTAMOS. NECESITAMOSTE

 

Desde o xa afastado 4 de febreiro do 2013, completamos 13 anos de andaina tratando de manter en funcionamento a nosa ONG “A las 5”, para aliviar no posible as dificultades que moitos dos nosos conveciños teñen para soportar a crise económica que padecemos.

Ademais, conseguimos que “A las 5” non fose só un comedor; se non un punto de encontro e o apoio a moitos usuarios que están a pasar por unha fochanca.

A modo de cafetería, os clientes dispoñen de mesas para os seus faladoiros ou consumos de alimento, televisión e libros de lectura que mesmo poden levarse se o desexan.
Pero para seguir acendendo fogóns, necesitámoste a ti.

A día de hoxe, son 130 as persoas derivadas diariamente á nosa ONG por diferentes Servizos Sociais da nosa Cidade, o que significan uns catro mil menús mensuais que habemos de sufragar, basicamente, coas achegas dos socios.

Para ese efecto, cabe sinalar que actualmente contamos con 200 socios, en números redondos e oscilantes, que constitúen basicamente a nosa fonte de ingresos, cos que habemos afrontar todos os gastos deses máis de catro mil menús mensuais xa mencionados, incrementados cos gastos de intendencia, (Luz, auga, alugueiro, e outros.

A evidencia, é que estamos a traballar no límite do posible e faise indispensable inclinar a balanza en positivo, non só para manter a axuda que prestamos, senón para poder aumentala ante a demanda que tamén vai en aumento.

Cunha doazón de pouco máis de 1€/día, podemos dispensar un menú ó usuario demandante.

E para completar o que puidese faltar dese euro e pouco, contamos co complemento de excedentes ocasionalmente facilitados por entidades solidarias e a achega inestimable do Banco de Alimentos.

A modo de exemplo dun menú tipo dos que servimos, cabería mencionar:
“Bocadillo de Xamón Serrano, Só ou con queixo, Leite, Yogurt e Froita.”, sendo a variedade do bocadillo acorde coa existencia dos embutidos
ordinarios, York, Pavo, Mortadela, Chourizo, Salchichas etc.
A maiores en domingos compleméntase con Galletas, e Cola Cao, ou produtos doados como arroz, lentellas, ou outros.

Como ves, por menos do que custa un café, podes facerche socio de ‘A las 5’ para apoiar o seu labor.

O que para ti sería un detalle, para nós, para “A las  5”, é garantir merendas-ceas todo o ano a quen o necesita.”

Convértete en socio protector desde a nosa web https://alas5.org/

Cada achega conta para que en Vigo ninguén quede atrás.

Visítanos en: Taboada Leal núm. 10 – Baixo. Vigo