O Colexio Barreiro con “A las 5”

Abundando no tema da solidariedade dos colexios de Vigo, non podía faltar o Colexio Barreiro, colaborador xa tradicional da nosa ONG desde hai varios anos.

Hoxe, un grupo de alumnos,  en representación de todo o alumnado do devandito Centro, desprazouse a nuesta Sede en Taboada Leal para facernos entrega da súa achega, consistente nunha ampla variedade de produtos do Nadal, xa seleccionados e empaquetados en bolsas individuais, para entregar a cada un dos nosos usuarios.-

Desde aquí, queremos expresarlles noso máis sincero agradecemento, tanto en nome da ONG como no dos usuarios aos que van destinados quen, cando menos, terán un Nadal máis doce.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*