O Colexio Barreiro visita A las 5

Hoxe, dia 19 de decembro, unha representación dos alumnos e alumnas da ESO do Colexio Barreiro de Vigo, acompañados por unha das súas profesoras, Patricia Dapena Carrera, visitaron as instalacións da nosa ONG, para facernos entrega de produtos típicos do Nadal, presentados en rechamantes bolsas individuais en cada unha das cales, ademais dos típicos mazapáns, polvorones, turrón, etc, se incluía tamén unha tarxeta de felicitación de Nadal pintada e confeccionada a man polos nenos e nenas de infantil e primaria, que quixeron sumarse así á iniciativa de adozarlles un pouco a boca aos nosos usuarios.

Dende estas liñas, en nome de todos eles e no noso propio, damos as grazas ao Colexio Barreiro e en especial a cantos tomaron parte activa na recollida de produtos e confección das bolsas, así como aos pais de alumnos que coa súa xenerosidade permitiron o éxito da xestión.

Barreiro

Deixar unha resposta