Alas 5, somos unha ONG sen ánimo de lucro, promovida por un grupo de mulleres e homes fincados en Vigo, cunha inquietude común consecuente co constante incremento de novos pobres na cidade e convencidos de que a solidariedade con eles é necesaria.
Con variadas profesións de maxistrados, fiscais, policías, arquitectos, empregados de banca, farmacéuticos, médicos, xestores, administrativos, amas de casa, armadores, músicos,…etc., somos tan só persoas preocupadas por outras persoas máis desfavorecidas do noso contorno.
A presidencia da ONG fixémola recaer en David Russell, guitarrista de renome que non precisa presentación.
E como socios fundadores atópanse os citados seguidamente por orde alfabética:.
Begoña Ceniceros, Ama de casa; Carmela Porteiro, Investigadora; Cristina Ceniceros, Jubilada; David Russell, Músico; Fabila Alonso-Lamberti, Farmaceutica; Jose Ramon Villamarin, Psiquiatra; Juan Baqueiro, Armador; Juan Carlos Aladro, Fiscal; Juana Dominguez, Administrativa; Leon Lopez de la Osa, Arquitecto; Lilian Alvarez, funcionaria; Lola Galovart, Magistrada; Manuel Mariño, Comisario de Policía, Jubilado; Maria Jesús Rodriguez, Productora; Maria Jose Aguado, Jubilada; Maria Luisa Graña, funcionaria; Maria Victoria Alonso, Directora de banco; Paqita Dominguez, Gestora; Ventura Perez Mariño, Magistrado
.
Pero os citados son tan só os primeiros que chegaron ó proxecto. Hoxe somos xa moitos máis. Empresas e particulares, en calidade de voluntarios ou contribuíntes, sumáronse a el en solidariedade facéndoo viable. A todos eles, Grazas.
Julio Vargas, Director Seguridade e Instalacións do R.C.Celta de Vigo
Enrique Alonso Pais Construtor
Marta Villar, Decoradora
Lida Caride, Comercial do R.C.Celta de Vigo
Outras Persoas
Voluntarios:
80 persoas que, respectando os principios e normas de Ás5, achegan o seu traballo de forma regular e altruísta.
Socios:
Ó dia de hoxe, 75 persoas que colaboran economicamente con achegas periódicas xa sexan mensuais, trimestrais ou anuais.
.
Datos da ONG A las 5
Área xeográfica Vigo (Pontevedra) España
Beneficiarios:
Os novos pobres? sen problemas de toxicomanías nin adiccións; os pensionistas maiores de mínimo poder adquisitivo; os beneficiarios de pensións non contributivas; as familias con escasos ou nulos recursos
Actividade Pomos á súa disposición unha bocatería solidaria, aloxada nun local adecuado para que as persoas que acudan ao mesmo poidan sentar a tomar o seu bocadillo a elixir dentro das posibilidades, ou a súa bebida quente de café, leite, colacao, etc.
Situación:
Rúa Taboada Leal núm. 10-baixo 36.203-Vigo
email: alascinco@yahoo.es URL: https://alas5.org CIF.: G27776475
Donativos:
CaixaBank, S.A. C.C.: 2100 6608 52 2200161945