ESCRITO DO SERVICIO DE ASISTENCIA SOCIAL DO CONCELLO DE VIGO A “ALAS 5”

Chegado o verán querémonos poñer en contacto vós para transmitirvos as nosas impresións sobre os vosos programas cos que colaboramos.
Parécenos que a vosa ong está a achegar, de forma discreta, unha axuda moi considerable a persoas que atravesan moitas dificultades e ás veces reaccionan de maneira que non comprendemos.
A pesar das contrariedades e incomprensións estamos moi contentas de como se está a desenvolver: é áxil, práctico, normalizador e moi solidario.
Quisieramos trasmitir o noso agradecemento aos voluntarios e voluntarias da bocatería, aos restaurantes e os seus empregados, ás ópticas e os seus dependentes e aos/ás dentistas e os seus auxiliares polo labor tan importante que están a desenvolver e o seu trato exquisito.
Moitas grazas pola súa paciencia e comprensión.
Ás veces os usuarios non saben expresar o seu agradecemento pero, sabede que a nós nolo manifestan constantemente.
Son situacións novas para eles en que lles custa desenvolverse: ¡ ¡ Uyyy ese sitio tan elegante e fino..!!! ¡ ¡ Esa asistencia a un restaurante por primeira vez na vida…!!! e moitos outros exemplos que vos poderiamos dar.
Sabemos que temos que mellorar nas derivacións a cada programa o que ás veces non é doado. Seguiremos intentando facelo cada vez mellor.
Un abrazo e o noso cariño para todos.
María e Rosiña (Traballadoras sociais do Concello de Vigo)
2/xullo 2015