GRADA SOLIDARIA do R.C.CELTA

logosss

Recentemente estreada a tempada futbolística 2018-2019, o Real Club Celta volveu a poñer en funcionamento a súa Bancada Solidaria para xúbilo de todos os nosos usuarios.

A través da súa Fundación e en colaboración coa nosa ONG “A las 5” así como coa tamén ONG “La mano que ayuda” e a Fundación Erguete, en cada partido que se celebra no Estadio Abanca- Balaidos distribúense un total de 1600 entradas para repartir entre os usuarios das tres mencionadas entidades benéficas.

Trátase de permitir que as persoas menos podentes poidan gozar e vivir a súa afección polo futbol e polo equipo celeste, sen ter que desembolsar o importe dunha localidade que obviamente precisan para outros mesteres máis imperiosos.

Clicando na seguinte ligazón pódese ver un vídeo de Celta Media no que responsables de cada unha das Ong expresan as súas opinións sobre á aceptación do programa polas persoas ás que se dirixe.

ENLACE A VIDEO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*