A existencia de Deus

No ventre dunha nai había dous bebés. Un deles preguntoulle ao outro

Ti crees na vida despois do parto?

O outro respondeu:
Claro que si. Ten que haber algo despois do parto. Tal vez esteamos aquí para prepararnos para o que virá máis tarde.

Bobadas -di o primeiro- Non hai vida despois do parto. Que clase de vida sería esa?

O segundo di:
Non o sei, pero haberá máis luz que a que hai aquí. Tal vez poderemos camiñar coas nosas propias pernas e comer coas nosas bocas. Tal vez teremos outros sentidos que agora non podemos entender.

O primeiro contesta:
Iso é un absurdo. Camiñar é imposible. E comer coa boca? Ridículo! O cordón umbilical nútrenos e dános todo o que necesitamos. O cordón umbilical é demasiado curto e a vida despois do parto é imposible.

O segundo insistiu:
Bo, eu penso que hai algo e tal vez sexa diferente ao que hai aquí. Tal vez xa non necesitemos deste tubo físico para vivir.

O primeiro contestou:
Bobadas. Ademais, de haber realmente vida despois do parto, entón porqué ninguén xamais regresou dela? O parto é o fin da vida e no post parto non hai nada máis aló do escuro, silencio e esquecemento.

Bo eu non sei -di o segundo- pero seguro que imos atoparnos con Mamá e ela, que é todo amor, coidaranos.

O primeiro respondeu:
Mamá? Pero ti crees realmente en Mamá. Iso é ridículo. Se Mamá existise, entón veriámola. Onde está ela agora?

O segundo di: Ela está ao noso ao redor. Estamos cercados por ela. Nós somos dela. É nela que vivimos. Sen ela, este mundo noso non sería, non podería existir.

Di o primeiro:
Bo Eu non podo vela, logo é lóxico pensar que ela non existe.

O segundo replica
Ás veces, cando ti estas en silencio, se te concentras e realmente escoitas, ti poderías percibir a súa presenza e oír a súa voz amorosa alá arriba

Así é como el escritor Húngaro Útmutató un Léleknek explicou a existencia de Deus.

Deixar unha resposta