… … e os Magos de Oriente, seguindo á estrela, tamén chegaron ata o neno Deus, ante o que se prostraron para adorálo.
Estimado/a colaborador/a:Un ano máis, queremos agradecervos a todos os vosos esforzos tanto de voluntariado como económico, sen os que non sería posible que seguise adiante o labor que empezou hai máis de doce anos, ofrecendo unha merenda-cea a unha media de 120 persoas cada día, no noso local situado na rúa Taboada Leal, 10, en Vigo.
A nosa organización naceu ao detectar a necesidade de apoiar e colaborar con familias en situación de vulnerabilidade, coñecidas naquel momento como os “novos pobres”, co obxectivo de ofrecerlles axuda para a súa subsistencia. Co tempo, comprendemos que a demanda superaba ese perfil inicial, e comezamos a recibir derivacións dos servizos sociais de diversas entidades, atendendo así a persoas con necesidades moi diversas.
É importante destacar que non recibimos ningún tipo de subvención nin axuda por parte de organismos públicos. Cremos firmemente na responsabilidade da sociedade civil para involucrarse e colaborar, na medida das súas posibilidades, con quen máis o necesitan.
Ata o día de hoxe logramos manter aberto o noso comedor grazas ás achegas económicas e ao traballo voluntario dos nosos colaboradores, na súa maioría amigos e coñecidos comprometidos coa nosa causa. Nos últimos anos experimentamos un notable incremento tanto no número de persoas que solicitan axuda como no custo dos produtos de primeira necesidade, e salvo por colaboracións puntuais do Banco de Alimentos, estes produtos son adquiridos con recursos propios.
Por iso agradecemos que o compartades con as persoas da vosa contorna para que se sintan identificadas co noso proxecto e que as animedes a que se unan a nós para poder seguir mantendo e avanzando neste labor social.
A forma de colaborar pode ser económica e/o asistindo como voluntarios a repartir unha vez ao mes no local de Taboada Leal, 10. Como xa sabedes, desde 2017 que fomos declarados entidade de utilidade pública e acollidos ao réxime fiscal especial das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, os nosos socios e aportantes poden beneficiarse da dedución correspondente na declaración da renda e imposto de sociedades.
Este ano como xa vén sendo habitual, o día 24, Noiteboa e o día 31, Fin de Ano, daremos un menú especial.Para máis información sobre a nosa actividade poden visitar a nosa Web (www.alas5.org)
O noso maior agradecemento e un afectuoso saúdo
Vigo, 14 de decembro de 2025
Bo nadal, paz e prosperidade para 2026



