Hoxe mércores, tivo lugar o falecemento de D. Ventura Pérez Mariño, principal promotor e orixe da nosa ONG.
Hai xa 11 anos que Ventura decatouse da crise económica que padeciamos e concibiu a idea de crear unha ONG de axuda aos necesitados, aos novos pobres, a aquelas persoas que a situación daquel momento leváralles ao limiar da pobreza.
Foi entón cando se dedicou a transmitir esa idea a todos os seus coñecidos ata lograr reunir a duascentas persoas comprometidas coas que se fundou a ONG “A LAS 5”, que se situou nun local alugado de Taboada Leal, no que permaneceu ata o día de hoxe e onde segue desenvolvendo o labor social para a que foi creada.
Desde estás liñas, damos as grazas a Ventura por facernos partícipes da súa idea. E á súa familia queremos expresarlle o máis sentido pésame da Xunta Directiva da ONG, dos seus Socios e dos seus Usuarios.
Ventura: moitas grazas
Ventura: descansa en paz .
Deixa unha resposta