As nosas razóns

Galego

Nova pobreza

É evidente que a pobreza espállase cada vez máis no noso país e por ende na nosa cidade. Cada día faise máis extensa e intensa e moitas das persoas que a padecen non teñen xa esperanzas de poder atopar un traballo.

O número de parados e o de persoas que esgotan ou esgotarán máis ou menos pronto as súas prestacións, non deixa de medrar.

Aos pobres de toda a vida, os de solemnidade, engádenselle agora outros pobres en crecente expansión. Son os “novos pobres” “pobres de gravata” ” pobres vergonzosos”, persoas que onte eran clásicos traballadores e hoxe se ven inmersos na mendicidade.

Son persoas que perderon o seu traballo, que esgotaron as súas prestacións, os seus aforros, os seus recursos familiares…

Son persoas que acoden ás ONGs e Servizos Sociais en busca de apoio de todo tipo. Dende unha axuda para afrontar o pagamento dos recibos máis esenciais, ata a adquisición de comida e vestimenta.

As demandas para servizos asistenciais primarios multiplícanse día a día; pero os recursos non chegan a facelo na mesma proporción e os Servizos Sociais e as ONGs vense desbordados…..

.

A nosa achega

Sabemos que os Comedores Sociais de asistencia alimentaria a estas persoas máis desfavorecidas da sociedade, están moi lonxe de ser suficientes, e decididos a achegar o noso graniño de area, creamos para iso unha bocatería que cubra en parte o baleiro existente de socorro en horas da media tarde.

Os comedores existentes a día de hoxe, atenden as comidas de mediodía; pero os que teñen que acudir a eles haberán de irse para a cama sen volver tomar nada ata o día seguinte e a mais, o domingo non abren.

Sabemos que é necesario mitigar o grave problema que sofren estas persoas, atormentadas porque se ven sen comida, sen medios para conseguila e debendo engadir a tal imperiosa necesidade o sentimento de vergoña  por unha mendicidade á que se ven obrigados e á que non están afeitos.

Por todo iso nace A las 5.