Nunca é tarde se a dita é boa

Por fin puidemos iniciar as obras do local no que se situará a bocatería de Alas5. A xenerosidade das moitas persoas solidarias que aínda existen, fíxoo posible.
En Taboada Leal numero 10, podemos xa ser testemuñas do nacemento dun local que pensa abrir as súas portas en Nadal para ofrecer unha pequena axuda a quens tiveron menos sorte que nós nestes momentos de abafo económico.
Ata fai uns dias, sentimos a angustia de non poder alcanza-lo noso propósito. Parecíanos moi difícil unha apertura antes de finaliza-lo ano. Pero agora xa é unha realidade.
Salvo causas de forza maior, accidentes ou catastrofes impredicibles, todo augura que en decembro existirá en Vigo un novo centro social que se unirá aos xa existentes para axudar ao necesitado.
¡Seguiremos informando!.

Deixar unha resposta