O dicionario da RAE define o altruísmo como “A dilixencia en procurar o ben alleo aínda á conta do propio”. É dicir, a tendencia para procurar o ben de terceiras persoas de maneira desinteresada, mesmo á conta do interese dun mesmo.
Doutra banda a mesma Academia define a caridade como o “auxilio que se presta aos necesitados”. E segundo o dicionario histórico da lingua española é, xunto á fé e a esperanza, a terceira das virtudes teologales.
Di tambien que a palabra “caridade”, composta de “carus” (querido, amado) e o sufijo –dade- (calidade), vén do latín caritas/atis que significa (cualidade de amar) e é para os crentes, “a virtude de amar a Deus sobre todas as cousas e ao próximo como a un mesmo”.
En consecuencia, parece que entre ámbalas duas definicións existe un matiz, non pequeno, que as diferenza: O amor.
No primeiro caso, o altruísta, que adoita empezar con moita ilusión e enerxía, simplemente trata de facer o ben ao próximo. Sen buscar ningunha recompensa. Nin económica nin reputacional, aínda que este último concepto sexa moi difícil de determinar e nin sequera de apreciar a súa existencia. Por iso, moitas veces, esa ilusión vaise arrefriando co paso do tempo. Os esforzos requiridos cada vez pesan máis e a necesidade do obxectivo perseguido vaise difuminando ata desaparecer necesitando, para evitar a súa extinción, dalgún estímulo externo que lle anime a proseguir.
No segundo caso, o caritativo, sente esa necesidade de facer o ben ao próximo porque sente un determinado afecto cara a él. Non se trata de axudar por axudar. É axudar polo sentimento de amor ao próximo que se manifesta en todos os actos da súa vida, tanto cos seus familiares como con amigos, coñecidos ou extraños. Entre él e o mundo que lle rodea subxace un dialogo virtuoso de amor que lle permite manter unha relación sostible no tempo.
A confluencia de ambos conceptos nunha persoa dá lugar ao enunciado de Altruísmo caritativo. E como tal hei de definir o que radica nos membros da ONG “A las 5 “ e moi especialmente nos membros da súa Xunta Directiva.
Dez anos á fronte do canón, trescentos sesenta e cinco días ao ano, así o testemuñan.
Hai que sentir moito amor polos semellantes, para manter no tempo o seu obxectivo sen perder un chisco de ilusión e coa mesma alegría coa que empezaron.
A ONG “A las 5” naceu en Vigo, en xullo de 2012, cando un grupo de vigueses ou arraigados en Vigo decidiron formar piña para axudar a afectados pola crise económica que padeciamos naquel entón.
Tras superar os trámites administrativos para a reforma e adecuación do local social no que aínda se sitúa a entidade a día de hoxe, o 26/11/2012 tivo lugar o inicio das obras. E o 4/2/2013 tivo lugar o acto inaugural no que xa se prestou atención a máis dunha vintena de persoas.
Cinco meses despois xa eran cincuenta e en setembro dese 2013 contabilizábanse un centenar de asistencias.
Cos seus altibaixos, os números chegaron a rozar o teito de duascentas persoas diarias socorridas, para estabilizarse ao redor dos 150 asistidos, números nos que se seguen movendo a dia de hoxe.
Os seus recursos, redúcense ás súas propias achegas laborais, físicas e económicas, as dos seus socios e as axudas esporádicas dalgunha empresa privada.
Unha auténtica proeza que ben vale, cando menos, este pequeno recordo e todo o agradecemento das persoas de ben, neste ano no que se cumpre o décimo da súa existencia. Un socio.
Deixa unha resposta