Que facemos

Noso obxectivo

O noso obxectivo é claro: Os “novos pobres” sen problemas de toxicomanías nin adiccións; os pensionistas maiores de mínimo poder adquisitivo; os beneficiarios de pensións non contributivas; as familias con escasos ou nulos recursos…

E o que poñemos á súa disposición é unha bocatería solidaria, acolledora, limpa e chea de afecto e consideración. Aloxada nun local que adecuamos para que as persoas que acudan a éste poidan sentarse a toma-lo seu bocata á carta, dentro das posibilidades, ou a súa bebida quente de café, leite, colacao, etc.

Somos conscientes de que as persoas ás que nos diriximos teñen a súa autoestima baixa polo xeral; por iso está no noso ánimo facer que se sintan tratados con toda a dignidade que merecen, como persoas que son, con independencia do número de moedas que poidan ter nos seus petos.

Han de ver que os voluntarios que lles atenden son simplemente os traballadores da bocateria, e eles os seus clientes. O trato que reciban ha de ser o mesmo que tería calquera cliente en calquera bar, baseado na educación e o respecto.

Que ofrecemos

A las 5, no seu establecemento acondicionado para o efecto na rúa Taboada Leal numero 10, pretende chegar a atender en principio a 150 persoas sen recursos, onde se lles brinda a xeito de cea un bocadillo abundante de ingredientes a elixir polo solicitante, dentro das posibilidades e existencias do momento.

Tamén se ofrece aos que chegan ao establecemento a posibilidade de tomar unha bebida quente xa sexa café, café con leite, leite só, colacao, nestquit, ou alimentos similares.

Abrimo-lo noso establecemento de luns a domingo, é dicir os 365 dias do ano, en horario de 18 a 21 para garantir así a atención a aquelas persoas que a precisan.

Como beneficiarse

Por razóns de organización, todas estas persoas, “os nosos clientes”, deberán vir ás nosas instalacións derivados polos Servizos Sociais do Concello de Vigo, Cáritas, Cruz Roja, Teranga, Emaus o Aldeas Infantiles,  dende onde nos facilitarán semanalmente un listado cos nomes das persoas que han de ser atendidas, no número que previamente lles indiquemos segundo posibilidades e que nos servirá para o control de acceso ao establecemento e por ende á consumición.