Galego
A las 5, somos unha ONG sen ánimo de lucro, promovida por un grupo de mulleres e homes afincados en Vigo, cunha inquietude común consecuente co constante incremento de novos pobres na cidade e convencidos de que a solidariedade con eles é necesaria.
Con distintas profesións de maxistrados, fiscais, policías, arquitectos, empregados de banca, farmacéuticos, médicos, xestores, administrativos, amas de casa, armadores, músicos,………etc. somos tan só persoas preocupadas por outras persoas mais desfavorecidas do noso ámbito
A presidencia da ONG fixémola recaer de inicio en David Russell, guitarrista de renome que non precisa presentación, quen tras case catro anos de exercicio declinou o seu nomeamento por ovbias razóns de traballo, recaendo entón en María Vitoria Alonso Martinez-Abascal, exdirectora de banca, quen o ostenta acualmente desde o seu nomeamento en novembro de 2016
Colaboradores que prestan a súa axuda aos fins da ONG co seu traballo, coñecemento, achegas, ou doutra forma.
Voluntarios: 180 persoas que, respectando os principios e normas de “Ás 5”, achegan o seu traballo de forma regular e altruísta.
Socios: A dia de hoxe, 187 persoas físicas e 3 persoas xurídicas que colaboran economicamente con achegas periódicas xa sexan mensuais, trimestrais ou anuais.Financiación: É totalmente privada. Faise coas achegas económicas dos socios e axudas en especies de diferentes institucións privadas. Non temos ningún tipo de axuda ou subvención estatal, autonómica nin local.
. Datos da ONG A las 5
Área xeográfica:Vigo (Pontevedra) España
Beneficiarios:
Os “novos pobres” sen problemas de toxicomanías nin adiccións; os pensionistas maiores de mínimo poder adquisitivo; os beneficiarios de pensións non contributivas; as familias con escasos ou nulos recursos…
Actividade
Poñemos á súa disposición unha bocatería solidaria, aloxada nun local adecuado para que as persoas que acudan a ela poidan sentarse a tomar o seu bocata a elixir dentro das posibilidades, ou a súa bebida quente de café, leite, colacao, etc.
Situación: Cale Taboada Leal núm. 10-baixo 36.203-Vigo
email: alas5@alas5.org
URL: http://alas5.org
CIF.: G_ 27776475
Donativos:
CaixaBank,S.A.–C.C:IBAN: ES84 2100 6608 522200161945