R. ASAMBLEA XERAL 2019

Tal e como estaba previsto, o pasado día 14 “A las 5” celebrou a súa Asemblea Xeral na que foron presentadas as contas do 2018, aprobadas por unanimidade, e acordáronse os orzamentos para o ano en curso 2019.

Dentro da Memoria de Actividades fíxose alusión ao numero total de socios que coas súas achegas fan posible o funcionamento da Organización, e que actualmente ascenden a 190.

Dentro do capítulo de Recursos humanos asignados á actividade, contabilizáronse 162 voluntarios, distribuídos en 32 Grupos integrado cada un deles por un responsable e 2-3 voluntarios.

Así mesmo, constatáronse 145 usuarios que son derivados diariamente máis ou menos, polos distintos Traballadores Sociais cos que mantemos relación, cunha asistencia real tamén media de 120 Usuarios / día

Finalmente, e como novidades mencionouse a mellora da calidade dos produtos fornecidos, consecuencia das axudas que nos veñen prestando tanto o BA como distintas entidades alimenticias, e a creación dentro da bocatería dun apartado de “Internet para os Usuarios” que tivo e ten gran aceptación entre todos eles. Palabras descoñecidas

Deixar unha resposta