Xa estamos máis preto do momento de reapertura da nosa ONG “A las 5”.
De feito, será o próximo dia dous de agosto cando reabriremos para atender aos nosos usuarios, no horario de sempre pero con certas variantes que xa eles coñecen e con variantes tamén na estrutura do local e forma de acceso, por razóns obvias
O estado de alarma concluíu, pero o Covid-19, lamentablemente, non se foi e iso obríganos a manter todas as medidas de seguridade e prevención que traten de evitar tanto as infeccións como a propagación das mesmas.
En tal sentido, na zona de dispensación de produtos alimenticios aos nosos usuarios, no noso local de Taboada Leal 10, baixo, instalamos dous biombos de protección, cortesía e doazón do noso bo amigo Jesus Bicada Teijeira, Director da empresa de Artes Gráficas Riebog, con mediación da Fundación RC Celta.
Na foto adxunta vese o chulas que quedaron.
Grazas, amigos, pola vosa solidaria colaboración.
Deixar unha resposta