RESUMO ASAMBLEA XERAL


Resultado da Asemblea Xeral

Como estaba previsto e xa se anunciou, o pasado día 30 de maio de 2024, ás 19:30 horas, no local social da ONG, sito en Taboada Leal num 10, baixo, celebrouse Asemblea Xeral de “A las 5”, convocada #de acordo con o disposto nos seus estatutos, cun quórum de 9,76% en segunda convocatoria.

Entre os acordos, tomados por unanimidade, acordouse a renovación da Xunta Directiva formada por once membros, dos que cesaron dous e accederon outros dous novos, destacando o cesamento da Presidente, a petición propia, tras cumprir amplamente o período de designación recollido nos Estatutos.

En consecuencia, asumiu a presidencia con carácter provisional, a Vicepresidente, ata a elección do seu sucesor.

Foron presentadas as contas do pasado ano que lanzaron un gasto de 52.973,49€, o que unido ás achegas do B.A. e outras empresas privadas, permitiron prestar atención a un total de 37.191 usuarios.

O número de socios mantívose en 171 e o de voluntarios en 164.

Seguidamente presentouse o orzamento de ingresos e gastos para o ano en curso, lixeiramente superior ao pasado, que tamén foi aprobado por unanimidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*