SORRISOS E BÁGOAS

SORRISOS E BÁGOAS

O pasado 8 de novembro, ás 18 horas tivo lugar na Aula de Teatro Albatros do Centro Cultural Afundación de Vigo (Colexio Compañía de María) a interpretación do Musical “Sorrisos e Bágoas” a cargo de alumnos do Centro, e en solidariedade coa ONG “A las 5” que se beneficiou do montante dun cheo completo con entradas a 5 euros, O que supuxo ao final, unha vez liquidados impostos e gastos, un total de 2.180 € .

Dúas encantadoras nenas, alumnas do Colexio, ás que pedimos que, no noso nome, agradecesen aos asistentes a súa solidaria presenza, fixérono de forma tan tenra e teatral que non nos resistimos a publicar completo o texto da súa representación.

 

Marta. – Boas tardes. A nosa ONG “A las 5” pediunos que vós agradecésemos no seu nome a presenza de todos vostedes.

Amparo. – Boas tardes. Oe Marta nunha tira de Mafalda lin esta frase: Unha pulga non pode picar a unha locomotora; pero pode encher de ronchas o maquinista.

Marta. – ¿ Y ?. Non entendo a que vén agora esa frase.

Amparo. – Quizais sexa un pouco forzada; pero eu imaxínome que cada un dos 5 euros das entradas adquiridas polo público son como pulguiñas que enchen de ronchas a pobreza e a necesidade  dalgúns dos nosos veciños.

Marta. – Si, Amparo é un pouco forzada; pero é certo. Dinnos os maiores que non son tempos bos para moitos dos nosos veciños, que precisan da nosa solidariedade e amizade.

Amparo. – Pois xa ves, A xente é fantástica! Fíxate, está cheo o teatro. Todas estas persoas molestáronse en comprar a entrada para colaborar coa nosa ONG “A las 5”.

Marta. – A nosa ONG, impulsada por D. Ventura Perez Mariño e presidida polo afamado guitarrista Sr. D. David Russell, intégrana máis de 80 voluntarios. Nace hai un par de anos para atender aos novos pobres da cidade: Os pensionistas de mínimo poder adquisitivo, os beneficiarios de pensións non contributivas, as familias con escasos recursos, as persoas que perderon o seu posto de traballo….

Amparo. – Atende os 365 dias do ano, intentando abranguer unha franxa horaria non cuberta por outras ONGs, dende as 6 ata as 8 e media da tarde, achegando ás familias necesitadas bocadillos, bebidas quentes, leite para os nenos, etc, etc.

Marta. – Pero non só iso, tamén se imparten cursos, realízanse actividades lúdicas, sobre todo para os nenos e nenas, fináncianse bolsas para que eles aprendan inglés e sempre nun ambiente de máximo respecto e cariño cara a eles. O local parece unha cafetaría como calquera outra da cidade.

Amparo. – A todo iso destinarase o doado por vostedes ao comprar as entradas. Por iso, en nome da nosa ONG “A las 5” dámoslles as grazas e invitámoslles a que visiten a súa páxina web, ou se pasen polo seu local, pois como di o seu lema: En situacións críticas calquera pequena achega pode constituír unha grande axuda.

Marta. – Grazas pola súa xenerosidade. Como nos din no Cole “a xenerosidade non consiste en dar moito senón en dar a tempo”.

Amparo. – Y Como non?, a nosa ONG quere dar tamén as grazas ao Colexio Compañía de María, o noso querido Cole, por esa colaboración e en especial á Aula de Teatro Albatros e ao seu Director Willy que con entusiasmo recibiu e atendeu inmediatamente a nosa petición.

Marta. – E tamén grazas ás actrices e actores que recibiron a idea co mesmo entusiasmo e ganas de colaborar. Grazas polo voso esforzo. Especiais grazas tamén a Servinova e Afundación, que puxeron á nosa disposición todos os seus magníficos e profesionais servizos que fan posible esta representación.

Amparo- Bo Marta, ha de comezar o espectáculo. Señoras, señores, nenas, nenos: Vano pasar fenomenal. Grazas a todos.

Marta. – Grazas. Prepárense para emocionarse pois comeza:

As Dúas. – Sorrisos e Bágoas!

Queridas Marta e Amparo: Dende a ONG “A las 5”, tamén vos damos as grazas a vós pola vosa excelente interpretación na que nos soubestes presentar con toda clase de detalles.

Grazas.

 LAGRIMASmas

Deixar unha resposta