ACTO DE INAUGURACIÓN
Por fin, hoxe dia 4 de febreiro do 2013, tivo lugar a ansiada inauguración de “A las5”
O acto estivo destinado fundamentalmente ás persoas que traballaron nos diferentes dispositivos asistenciais da cidade (Servicios Sociais do Concello, Cruz Vermella, Cáritas, Ayuvi, Emaus, Vida Digna, Padre Donaire, Comedor de La Esperanza, Servas de Xesús, Terenga….); para que nos coñezan, coñezan o local e o que pretendemos facer.
Por iso, tratamos de facer “unha posta en escena” do que faremos todos os días da semana: “dar bocatas/bebidas”. Nisto consistiu a inauguración, aderezada cunhas palabras de benvida e de explicación de David, o noso presidente, e de Ventura, o impulsor da idea..
Tamén foron invitadas as distintas autoridades e representantes políticos da cidade e todas as persoas que colaboraron (cos seus consellos, coas súas mans, coas súas xestións, co seu diñeiro ) na posta en marcha a bocatería.
Mañá, serán xa os destinatarios do proxecto os que ocuparán o local e toda a nosa atención.
Deixar unha resposta