A FAME NON PODE ESPERAR Ninguén debería irse á cama co estómago baleiro.
Cada noite, repartimos ceas gratuítas aos nosos veciños en situación de vulnerabilidade. Unha acción directa, transparente e xestionada 100% por voluntarios.
“A las 5” funciona exclusivamente grazas ao corazón de persoas como ti.
Necesitamos mans para preparar os bocadillos, organizar as entregas e manter vivo este proxecto.
Non importa se só tes unhas horas libres á semana; a túa axuda é vital.
Alimento e dignidade
Grazas ao motor do noso equipo de voluntarios, abrimos as portas da nosa bocatería para ofrecer de forma totalmente gratuíta bocadillos, bebidas quentes e refrescos a quen máis o necesitan.
Non só entregamos alimento; ofrecemos un momento de dignidade, proximidade e apoio nos momentos máis difíciles.
O noso propósito
¡Cociñemos Xuntos Solidaridade! Ó ser unha ONG sin ánimo de lucro, dependemos por completo das aportacions dos cidadans. Cada euro transformase directamente en pan, embutido e bebidas para quen máis o necesitan. Con 10€ financias as ceas de unha semana para unha persoa. Con 30€ axudasnos amáis a abastecer a despensa de bebidas e frescos.